PILABOT
O pasado martes, os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria, recibimos unha chea de información sobre as pilas por parte de Pilabot.
Pilabot é unha campaña e concurso escolar en Galicia para reciclar pilas, acumuladores e baterías portátiles en desuso. Contan cunha mascota, un robot creado como símbolo da campaña para concienciar sobre a contaminación destes residuos e fomentar a súa recollida selectiva.
Ensináronnos como eran na súa orixe, quen as inventou, os tipos de baterías que hai e a importancia de reciclalas.
No centro puxémonos as pilas coa súa recollida. Conseguiremos gañar o concurso?
No hay comentarios:
Publicar un comentario