TÍTERES!🎭
A semana pasada tivemos a sorte de poder gozar dun espectáculo de títeres da man de Mircromina Títeres.
A primeira actuación tivo como protagonista a Antolín o Bailarín. Un títere con moito ritmo no corpo, aínda que andaba algo despistado e "perreaba" a muiñeira.
Despois axudamos ao Señor Veciño a coller ao seu can. Dous bonecos de luva que non paraban de xogar ao pilla pilla.
O terceiro número protagonizouno Rauo the Loubican, un cadeliño acollido que sabía moitos trucos, pero era algo trasto e nunca facía caso á primeira. E aínda por riba, non paraba de mexar! Ata nos regou a todoas as persoas que estábamos alí!
Por último, coñecimos algúns segredos que esconde o teatro. Lembrades como se podía romper o teatriño? Ou que tipo de títere era Raio?
Foi unha sesión moi entretida e... pasada por auga!!


No hay comentarios:
Publicar un comentario