viernes, 16 de agosto de 2013

Grazas profes

Este curso puxemos a nosa biblioteca máis fermosa, grazas á colaboración dalgúns "profes" e de moitos alumnos e alumnas. Dámoslle as grazas a todos e especialmente ás mestras de prácticas, que empregaron parte do seu tempo en axudarnos con estes carteis. Tamén a Juan, o "profe" de cuarto que buscou os lemas que vedes e moitos máis.