lunes, 25 de junio de 2012

Amancio Amigo

Éste é un personaxe que atopamos en Feitizo, en Álvaro e Álvaro e, por suposto, en Amancio Amigo e o demo da botella.  O profesor que axudou a Álvaro no seu grave problema aparece así representado:


ANDURIÑO

Amancio Amigo e o demo da botella foi lido por algúns alumnos de sexto. Resulta un libro moi interesante, pola súa ambientación no Courel e pola representación de lendas, historias ou mitos relacionados coa noite de San Xoán. É o máis esixente dos libros que lemos neste curso, pero resulta moi atractivo.
Aquí un dos nosos compañeiros debuxou a Anduriño, curioso personaxe desta novela.

martes, 12 de junio de 2012

MÁIS COELLO FEDERICO

Ós nosos alumnos e alumnas gústanlles os amorodos, así que Natalia, de 1º de primaria, tamén debuxa a Federico fartándose destas froitas vermellas.


FEDERICO

Imos amosar algúns do debuxos que fixemos trala lectura dalgúns libros de Xosé Miranda.
Comezamos polos "peques": aquí temos ó coello Federico, comendo os amorodos, debuxado por Sara Parada, da clase de infantil de 4 anos.

viernes, 1 de junio de 2012

XOSÉ MIRANDA

O martes 29 de maio tivémo-la sorte de recibi-la visita de Xosé Miranda, que nos contou unha morea de historias fermosas.
Durante este trimestre estivemos a ler algúns dos libros  que escribíu este autor. Algúns rapaces e rapazas de 6º atrevéronse con Amancio Amigo e o Demo da Botella, outros de 6º e máis os de 5º leron Feitizo; en 3º e 4º leron Álvaro e Álvaro (este é o que máis lle gusta á "profe" responsable da biblioteca); os de primeiro ciclo de primaria e os de infantil leron Federico na silveira e Federico e os amorodos.

Para remata-las actividades desenvolvidas ó redor dos libros os nenos e nenas fixeron debuxos dos personaxes que máis lles gustaron. Están todos expostos no recibidor do colexio.