viernes, 13 de noviembre de 2026

 TÍTERES!🎭

A semana pasada tivemos a sorte de poder gozar dun espectáculo de títeres da man de Mircromina Títeres.


A primeira actuación tivo como protagonista a Antolín o Bailarín. Un títere con moito ritmo no corpo, aínda que andaba algo despistado e "perreaba" a muiñeira.


Despois axudamos ao Señor Veciño a coller ao seu can. Dous bonecos de luva que non paraban de xogar ao pilla pilla.


O terceiro número protagonizouno Rauo the Loubican, un cadeliño acollido que sabía moitos trucos, pero era algo trasto e nunca facía caso á primeira. E aínda por riba, non paraba de mexar! Ata nos regou a todoas as persoas que estábamos alí!


Por último, coñecimos algúns segredos que esconde o teatro. Lembrades como se podía romper o teatriño? Ou que tipo de títere era Raio?


Foi unha sesión moi entretida e... pasada por auga!!





lunes, 9 de noviembre de 2026

 MEL DAS FADAS🍯🐝

A semana pasada desfrutamos dun fantástico taller de elaboración de velas con cera de abella. Grazas ao programa Da Escola á Granxa, organizado pola ANPA do noso colexio, tivemos a sorte de recibir a visita de Iria, de Mel das Fadas.


Foi unha xornada moi especial na que nos achegamos ao marabilloso mundo das abellas, descubrimos a súa importancia e coñecemos un pouquiño máis o seu traballo. Ademais, Iria agasallounos cun pouquiño de mel das súas propias colmeas!




 QUE SERÁ ISO DA AXENCIA TRIBUTARIA?

O pasado día 4 de novembro recibimos a visita de dous traballadores da axencia tributaria.


Durante as charlas, coñecemos a importancia dun organismo coma este para poder gozar dos servizos públicos dos que dispoñemos (hospitais, estradas, centros educativos...) e mesmo nos ensinaron como interpretar un ticket do supermercado segundo o tipo de IVE que pagamos polos produtos.💳


En definitiva, unha visita que pagou a pena. 😉



miércoles, 4 de noviembre de 2026

 SAMAÍN!

O pasado venres, día 30 de outubro, celebramos o Samaín no cole!🎃


Comezamos o día lendo lendas da comarca da Ulloa que foron recollidas polos nenos e nenas do centro. Continuamos con dúas actividades simultáneas; unha delas foi a visita ao túnel do terror, onde o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asustaron aos compañeiros de compañeiras cos seus arrepiantes disfraces; e outra foi a lectura, por parte dos docentes especialistas de inglés, do libro "Bone Soup" de Lambria Evans, onde o esquelete Fimiguin preparaba unha sopa de ósos deliciosa.🍵


Para quitar o susto co corpo e recargar pilas, celebramos unha chocolatada con churros todos xuntos na cociña.


Rematamos o día cun momento de desfrute ao aire libre, lucindo as nosas galas máis terroríficas! Pasámolo de morte! 👻💀




lunes, 2 de noviembre de 2026

 COEDUCA: Radio en igualdade

Os nenos e nenas de 6º A e B de Educación Primaria acaban de vivir unha experiencia inesquecible da man de Coeduca. A misión? Aprende sobre igualdade e prevención da violencia de xénero converténdose en profesionais da radio.🎤

Guiados polo fío condutor dun podcast, os rapaces e rapazas falaron sen tabús de todo un pouco: dende a elección de xoguetes por sexos ata medidas tomadas polo goberno para favorecer a igualdade entre homes e mulleres e previr a violencia de xénero. Mesmo nos agasallaron con fantásticos consellos para eliminar expresións machistas do noso día a día.

O mellor de todo? Non só reflexionaron, senón que experimentaron de primeira man como se elabora un programa, controlaron a mesa de mesturas, editaron audios, engadiron efectos de sons e puxeron voz as súas propias ideas.

En definitiva, unha aprendizaxe tan divertida como necesaria para construír, micro a micro, un futuro máis xunto e igualitario. 💪


miércoles, 21 de octubre de 2026

 UNHA VIAXE ÁS ORIXES DA MÚSICA!🎶

O pasado mércores 14 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tivo a oportunidade de achegarse a unha interesante charla - concerto sobre a música tradicional.

Ao longo da sesión, as explicacións mesturáronse coa música en directo, permitindo descubrir diferentes instrumentos, coñecer as súas características e comprender mellor a súa orixe, os seus usos e a importancia que tiveron ao longo do tempo.

Pero non todo foi escoitar e aprender! Tamén houbo ocasión de gozar das interpretacións musicais e das cantigas, convertendo a actividade nunha experiencia participativa na que a historia e a tradición cobraron vida a través dos sons.

Unha proposta diferente para descubrir que a música é moito máis ca melodías: é tamén historia, cultura, coñecemento e unha parte fundamental do noso patrimonio.

Descubrimos como, desde tempos antigos, as persoas souberon aproveitar os recursos que lles ofrecía a natureza para facer música: desde o sinxelo son dunha folla ata un corno, demostrando como a creatividade e a imaxinación deron lugar a moitos dos instrumentos que coñecemos hoxe en día. 🍃


Gracias por achegarnos ao fascinante mundo dos instrumentos musicais e axudarnos a escoitar a nosa tradición con outros oídos! 💚




lunes, 5 de octubre de 2026

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA DO COLE! 📚

A semana pasada vivimos un día moi especial no noso centro: inauguramos a biblioteca escolar! Un espazo pensado para gozar da lectura, descubrir novas historias, aprender e deixar voar a imaxinación.

E para celebrar esta ocasión tan importante, tivemos unhas visitas moi especiais... as nosas mascotas Migas e Anteollos, que se achegaron para compartir con todos nos este momento tan emocionante. 🐭👓


Pero a xornada aínda nos tiña preparada outra sorpresa: 

Pero a xornada aínda nos tiña preparada outra sorpresa: recibimos a visita do grupo de música De Ninghures. Os seus integrantes contáronnos moitas cousas interesantes sobre eles: de onde veñen, que instrumentos tocan e como nace o seu proxecto musical.

Tamén nos falaron do seu disco Feira e descubrimos unha curiosidade que nos fixo especial ilusión: as imaxes que aparecen no disco foron feitas na Feira de Santos de Monterroso. Así, música, tradición e cultura da nosa contorna déronse a man nesta visita tan especial.

E, para rematar, De Ninghures agasallounos cun pequeno concerto que puxo música e alegría á inauguración da nosa biblioteca. 🎶🎻

Foi unha xornada chea de encontros, historias, música e ilusión, na que quedou claro que a biblioteca é moito máis ca un lugar cheo de libros: é un espazo para coñecer, compartir, crear e descubrir novos mundos. 

Agora só queda encher os seus andeis de historias e, sobre todo, encher a biblioteca de lectores e lectoras. 📖🎉

Benvida, biblioteca! Que comece a aventura! 💛