miércoles, 20 de mayo de 2015

Máis de Don Quijote

En 1º de primaria os nenos e nenas decidiron facer o seu propio Don Quijote de la Mancha.
Fixeron un libro moi bonito, que deixaron na biblioteca para que os outros alumnos do centro poidesen gozar del.
Na clase de 4 anos A pasaron un bo anaco vendo o traballo dos seus compañeiros.
 



lunes, 11 de mayo de 2015

Estefanía Padullés

Hoxe tivemos no colexio a visita de Estefanía Padullés. Ela é a creadora de O desexo do gato Klops, editado por Hércules de Ediciones.



Este libro, fermosamente ilustrado pola mesma Estefanía, gustou moito ós nosos alumnos, especialmente en infantil. Moitas grazas á autora pola súa visita.

Don Quijote outra vez

Os nenos e nenas da clase de 4 anos B fixeron o seu don Quijote. Quedoulles moi bonito.