viernes, 25 de septiembre de 2026

Comezamos un novo curso escolar cheo de ilusión, novos proxectos e moitas ganas de compartir momentos e historias. E temos unha noticia moi especial que estamos desexando contarvos… a apertura da nosa biblioteca escolar está cada vez máis preto! 🎉📖


Será a vindeira semana cando a nosa biblioteca abra de novo as súas portas, e podemos adiantarvos que virá cargada de sorpresas, novidades e moitas aventuras entre libros. 🤩


Pero, antes de recibir a todo o alumnado, xa comezamos a preparar os nosos grandes aliados: os voluntarios e voluntarias da biblioteca. 🦔📚


Para iniciar a súa formación dunha maneira divertida e diferente, realizamos un escape room bibliotecario no que tiveron que superar diferentes retos e pistas para descubrir como está organizada a biblioteca e, sobre todo, aprender a localizar os libros nas distintas zonas nas que se distribúe.


Entre enigmas, probas e moitas ganas de participar, os nosos voluntarios e voluntarias convertéronse por un intre en auténticos detectives da biblioteca. 🔎📚



Este é só o comezo de todo o que temos preparado para este novo curso.

A conta atrás xa comezou… ⏳


Estades preparados para descubrir todo o que agocha? ✨📖