lunes, 2 de noviembre de 2026

 COEDUCA: Radio en igualdade

Os nenos e nenas de 6º A e B de Educación Primaria acaban de vivir unha experiencia inesquecible da man de Coeduca. A misión? Aprende sobre igualdade e prevención da violencia de xénero converténdose en profesionais da radio.🎤

Guiados polo fío condutor dun podcast, os rapaces e rapazas falaron sen tabús de todo un pouco: dende a elección de xoguetes por sexos ata medidas tomadas polo goberno para favorecer a igualdade entre homes e mulleres e previr a violencia de xénero. Mesmo nos agasallaron con fantásticos consellos para eliminar expresións machistas do noso día a día.

O mellor de todo? Non só reflexionaron, senón que experimentaron de primeira man como se elabora un programa, controlaron a mesa de mesturas, editaron audios, engadiron efectos de sons e puxeron voz as súas propias ideas.

En definitiva, unha aprendizaxe tan divertida como necesaria para construír, micro a micro, un futuro máis xunto e igualitario. 💪


No hay comentarios:

Publicar un comentario