miércoles, 21 de octubre de 2026

 UNHA VIAXE ÁS ORIXES DA MÚSICA!🎶

O pasado mércores 14 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tivo a oportunidade de achegarse a unha interesante charla - concerto sobre a música tradicional.

Ao longo da sesión, as explicacións mesturáronse coa música en directo, permitindo descubrir diferentes instrumentos, coñecer as súas características e comprender mellor a súa orixe, os seus usos e a importancia que tiveron ao longo do tempo.

Pero non todo foi escoitar e aprender! Tamén houbo ocasión de gozar das interpretacións musicais e das cantigas, convertendo a actividade nunha experiencia participativa na que a historia e a tradición cobraron vida a través dos sons.

Unha proposta diferente para descubrir que a música é moito máis ca melodías: é tamén historia, cultura, coñecemento e unha parte fundamental do noso patrimonio.

Descubrimos como, desde tempos antigos, as persoas souberon aproveitar os recursos que lles ofrecía a natureza para facer música: desde o sinxelo son dunha folla ata un corno, demostrando como a creatividade e a imaxinación deron lugar a moitos dos instrumentos que coñecemos hoxe en día. 🍃


Gracias por achegarnos ao fascinante mundo dos instrumentos musicais e axudarnos a escoitar a nosa tradición con outros oídos! 💚




No hay comentarios:

Publicar un comentario