Nas últimas semanas o alumnado de 4º de Primaria estivo mergullado na lectura de Los Mimpins, a última xoia que nos deixou o gran Roald Dahl.
Acompañamos ao pequeno Billy na
súa fuxida cara ao Bosque do Pecado, descubrimos como é vivir dentro das
árbores e coñecemos a eses seres diminutos que viaxan a lombos de paxaros.
Pero, sobre todo, enfrontámonos a un gran perigo... ¡O Zampavivientes!
Despois de gozar coas peripecias
de Billy, o noso alumnado pasou da lectura á acción. Organizados por equipos de
exploradores, recibiron un desafío de enxeñaría e creatividade: Deseñar unha
trampa para atrapar ao monstro que
aterra aos Mimpins.
Os
resultados foron impresionantes: Enxeño en equipo, creatividade sen límites e
moita cooperación. Como dicía Roald Dahl: "Quen non cree na maxia nunca a
atopará."
Con este talento, estamos seguros
de que os Mimpins por fin poderán durmir tranquilos nas súas árbores!
Aquí vos deixamos unha imaxe cos
seus proxectos e un vídeo coa reseña do libro
Grazas a todos
os participantes por facer que os libros cobren vida! Vémonos na
próxima lectura.

No hay comentarios:
Publicar un comentario