lunes, 9 de marzo de 2026

CONTACONTOS “Martina futbolista” a cargo da Profe Alba

 Para conmemorar o Día da Muller (8M), o alumnado de educación infantil tivo a sorte de desfrutar do contacontos “Martina futbolista”. A súa protagonista, Martina, era unha nena apaixonada do fútbol, polo que decidiu apuntarse ao equipo da súa escola; mais logo do primeiro partido, decatouse de que o capitán e algúns dos seus compañeiros non a trataban igual polo simple feito de ser unha nena. Ante isto, Martina propúxose crear o seu propio equipo, máis igualitario, no que nenos e nenas puideran xogar, compartir e competir, pero sobre todo, desfrutar.

A Profe Alba fíxonos adentrarnos de cheo na historia e poñernos na pel da súa protagonista co fin de entender que tanto os nenos como as nenas, os homes e as mulleres, somos iguais e, polo tanto, temos os mesmos dereitos. Que ben o pasamos!



No hay comentarios:

Publicar un comentario