miércoles, 17 de diciembre de 2025

Aventura Literaria no Club de Lectura de 4º de EP

 

Ola, súper lectores!

O Club de Lectura de 4º de Primaria culminou outra incrible aventura literaria. Este mes, viaxamos ao corazón dun conto cheo de risas, enxeño e amizade: “La jirafa, el pelícano y el mono” do noso queridísimo autor Roald Dahl.

Coñecemos a Billy e aos Limpa cristais sen Escaleira, e xuntos vivimos unha aventura que culmina coa captura do famoso ladrón de xoias, o Cobra.

Despois de devorar este divertido libro, realizamos dúas sesións moi especiais do Club de Lectura, centradas nunha actividade que puxo a proba a estratexia e a creatividade dos nosos novos detectives: "O Plan Antirroubo do Duque".

Os nosos 22 alumnos dividíronse en cinco equipos, e a súa misión era deseñar un plan infalible para previr o roubo do famoso colar polo Cobra, antes de que sucedese.

Cada equipo transformouse nunha axencia de seguridade, realizando as seguintes tarefas:

1.         Asignación de Roles

2.         Deseño de Planos

3.         Accións Concretas

Os plans foron brillantes e demostraron que os nosos lectores comprenderon moi ben as habilidades únicas de cada personaxe. A creatividade no uso dos picos, os pescozos e a axilidade para a vixilancia e a emboscada foi asombrosa. Roald Dahl estaría moi orgulloso destes estrategos!

Aquí déixanvos un breve vídeo do libro.


Por outra banda, o alumnado de 5º e 6º, pertencente ao Club de lectura, despois de ler o libro "A bruxas" de Roald Dahl, compartiron con nós un video no que amosaron o que máis lle gustou e impactou do mesmo



Grazas a todos os membros do club pola súa participación e por converter a lectura nunha experiencia de aprendizaxe tan práctica e divertida!

Próximo libro: Estean atentos ao taboleiro de anuncios da biblioteca para descubrir cal será a nosa próxima gran aventura!

Felices lecturas!




No hay comentarios:

Publicar un comentario