jueves, 18 de diciembre de 2025

Maxia na Biblioteca: Un Decembro de Contos e Soños

 


O Nadal asolagou cada recuncho da nosa biblioteca! Durante este mes de decembro, os andeis non só gardaron libros, senón que se converteron no escenario de viaxes fantásticas grazas a unha iniciativa moi especial: os conta contos de Nadal das nosas familias.
Queremos agradecer de todo corazón aos pais e nais que fixeron un oco nas súas axendas para regalarnos o seu tempo, a súa voz e a súa ilusión. Eles foron os encargados de acender a faísca da lectura tanto nos máis pequeniños de Infantil como nos alumnos de Primaria.
"Contar un conto é regalar (agasallar) un soño, e este decembro a nosa biblioteca foi a fábrica de soños máis grande do mundo."
Ver as caras de asombro dos alumnos de Infantil e o respecto e a atención dos de Primaria foi o mellor agasallo de Nadal. Esta actividade non só fomenta o hábito lector, senón que fortalece os lazos entre as familias e o centro, facendo da escola un lugar de encontro.
O noso maior agradecemento a: Olaya, Verónica, David, Mónica, Vanesa e María por ser os mellores embaixadores da literatura. Deixastes unha pegada máxica nos nosos alumnos!

Felices lecturas e bo nadal a todos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario