Sabías que a lectura non remata cando pechas as portas do colexio?
Agora podedes levar milleiros de historias no voso peto grazas a E-LBE.2, a plataforma de préstamo dixital das Bibliotecas Escolares de Galicia. Aquí tes o enlace: https://bega-elbe2.edu.xunta.es/?locale=es
Se vos apetece ler dende a tablet, o ordenador... este é o voso sitio.
Que ides atopar en E-LBE.2?
Novidades e clásicos: Cómics, novelas de aventuras, misterio, poesía... e moito máis!
Lectura ao teu ritmo: Podes coller libros en préstamo de xeito totalmente gratuíto durante uns días.
Onde e cando queiras: Na casa, viaxando ou nun recuncho cómodo do sofá.
No cole tamén a uamos, é unha ferramenta xenial para unas na hora de lectura. Así podemoss ler tod@s xuntos!
Non hai escusas para non viaxar a outros mundos este curso.
Entra, busca a túa próxima lectura e... deixa voar a túa imaxinación!

No hay comentarios:
Publicar un comentario