Este segundo trimestre, o noso Club de Lectura mergullouse no universo fantástico de Roald Dahl coa lectura de O dedo máxico. Esta historia, que mestura o humor coa xustiza poética, levounos a reflexionar sobre o respecto aos demais (e aos animais) e, por suposto, sobre o poder que todos levamos dentro.
Resultou ser: Unha lectura con
"chispa"
A protagonista do libro ten un don moi especial: cada vez que se enfada ante unha inxustiza, o seu dedo comeza a formiguear e… ¡ZAS! Lanza un raio máxico que transforma a realidade. Nesta ocasión, a familia Gregg aprendeu unha lección inesquecible sobre o que sente ao estar "do outro lado".
E se o dedo máxico fose o teu?
Tras rematar o libro, abrimos o
debate na biblioteca. Preguntámonos: "Se tiveses ese poder por un día,
a quen ou que lle apuntarías co teu dedo máxico?"
No hay comentarios:
Publicar un comentario