lunes, 28 de abril de 2014
Grazas familias
Fixemos tamén unha sesión de contacontos na que participaron algúns nenos e nenas de 5º de primaria, e uns poucos pais e nais. Moitas grazas ás nais e ó pai que participaron na nosa homenaxe ós libros.
miércoles, 23 de abril de 2014
Día do libro
Para as biblioteca o día do libro é importante. Na nosa biblioteca hoxe decidimos celebralo dun xeito especial.
Para comezar, tódolos nenos e nenas da escola participaron facendo un debuxo relacionado co seu libro preferido. Aquí tedes algúns exemplos.
Para comezar, tódolos nenos e nenas da escola participaron facendo un debuxo relacionado co seu libro preferido. Aquí tedes algúns exemplos.
viernes, 16 de agosto de 2013
Grazas profes
Este curso puxemos a nosa biblioteca máis fermosa, grazas á colaboración dalgúns "profes" e de moitos alumnos e alumnas. Dámoslle as grazas a todos e especialmente ás mestras de prácticas, que empregaron parte do seu tempo en axudarnos con estes carteis. Tamén a Juan, o "profe" de cuarto que buscou os lemas que vedes e moitos máis.
lunes, 25 de junio de 2012
Amancio Amigo
Éste é un personaxe que atopamos en Feitizo, en Álvaro e Álvaro e, por suposto, en Amancio Amigo e o demo da botella. O profesor que axudou a Álvaro no seu grave problema aparece así representado:
ANDURIÑO
Amancio Amigo e o demo da botella foi lido por algúns alumnos de sexto. Resulta un libro moi interesante, pola súa ambientación no Courel e pola representación de lendas, historias ou mitos relacionados coa noite de San Xoán. É o máis esixente dos libros que lemos neste curso, pero resulta moi atractivo.
Aquí un dos nosos compañeiros debuxou a Anduriño, curioso personaxe desta novela.
Aquí un dos nosos compañeiros debuxou a Anduriño, curioso personaxe desta novela.
martes, 12 de junio de 2012
MÁIS COELLO FEDERICO
Ós nosos alumnos e alumnas gústanlles os amorodos, así que Natalia, de 1º de primaria, tamén debuxa a Federico fartándose destas froitas vermellas.
FEDERICO
Imos amosar algúns do debuxos que fixemos trala lectura dalgúns libros de Xosé Miranda.
Comezamos polos "peques": aquí temos ó coello Federico, comendo os amorodos, debuxado por Sara Parada, da clase de infantil de 4 anos.
Comezamos polos "peques": aquí temos ó coello Federico, comendo os amorodos, debuxado por Sara Parada, da clase de infantil de 4 anos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)