viernes, 23 de diciembre de 2011

CONTACONTOS

A semana de Nadal recibimos a visita de Ignacio, que nos contou unha morea de contos. Os nenos e nenas pasaron un moi bo anaco escoitando as súas historias.

jueves, 23 de junio de 2011

A nosa mascota

E, por fin, aquí temos a ROELIBROS. Este curioso animaliño, que fai malabarismos coas letras, é a nosa mascota. Parabéns a Koldo Toubes García, de 6º A.

miércoles, 22 de junio de 2011

Premio de Terceiro Ciclo de Primaria

Aquí temos a MAX, un moucho moi ben informado e ó que lle gustan moito os contos. MAX foi a contribución de Óscar Montalbán García (6ºB) ó noso concurso de mascotas.

jueves, 16 de junio de 2011

Premio de Segundo Ciclo de Primaria

Elisa, de 3º, fíxonos unha árbore, LUPS. É unha árbore francesa,  moi afeccionada a ler libros. Todos debemos facer coma Lups e ler moitos libros, para aprender e para divertirnos.

miércoles, 15 de junio de 2011

Premio de Primeiro Ciclo de Primaria

En 2º A demos co LORO PACO, debuxo de Lucas Noguerol. O Loro Paco danos un moi bo consello para aplicar na nosa biblioteca e en calquera outra que visitedes:

LEDE E CALADE!

lunes, 13 de junio de 2011

Premio de Educación Infantil

No concurso para elixi-la mascota da biblioteca hai un premio por cada ciclo. O premiado de educación infantil foi IKER GUERRA GARCÍA, de 4 anos, que debuxou a LAPIN, un lapis moi orixinal e divertido. Felicitacións para tódolos nenos e nenas de infantil que participaron.

jueves, 9 de junio de 2011

CONCURSO DE MASCOTAS

Estivemos dándolle voltas ó tema e pensamos que a nosa biblioteca debía ter unha mascota, pero cal?
Convocamos un concurso entre os nosos alumnos e alumnas e a verdade é que nos deron moi boas ideas.
Para que vos fagades unha idea de cantas posibles mascotas tivemos poñémosvos unha foto de tódolos mascotas que recibimos.