jueves, 27 de marzo de 2025

Semana do Cómic

 Na semana do cómic o alumnado quixo deleitarnos cuns cómics feitos por eles nos que cada ciclo tiña un reto diferente: completar unha historia, debuxar, escribir o texto, recrear os globos do cómic...

As propostas foron sorprendentes pero fixemos unha escolla dos máis destacados de cada aula, aquí vos deixamos unha imaxe do mesmos.



No caso de infantil todos e cada un deles deixaron a súa pegada onde se representaron nun gran cómic.





miércoles, 12 de marzo de 2025

"POEFLIX" Día de Rosalía e Día da Poesía

 Este curso celebramos de maneira conxunta o Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro) e o Día Mundial da Poesía (21 de marzo) coa inauguración da sección "POEFLIX", unha iniciativa destinada a fomentar a lectura e a expresión poética entre o seu alumnado.

A actividade principal, titulada "O cole recita a...", involucrou a todo o centro educativo. Os nenos e nenas de Educación Infantil recitaron poemas de Rosalía de Castro, mentres que o alumnado de Primaria seleccionou e recitou poemas de diferentes continentes.

Aproveito para engadir outras seccións como "FOTOBIBLIO" donde visionamos as fotos de todas as actividades realizadas dende a biblioteca e a sección "LEERFLIX" para suxerir lecturas aos nosos discentes.





jueves, 27 de febrero de 2025

Obra teatral: Mamasiña que medo!

O alumnado que asiste ao clube de lectura representou a obra teatral Mamasiña que medo! na Biblioteca, o día 21 de febreiro de 2025. Todo o cole puido desfrutar  destes grandes actores e actrices e co ben que o fixeron, quedaron con ganas de repetilo. 

🎦Pincha na foto para ver o video!




martes, 28 de enero de 2025

Nova mascota da biblioteca.

 Ola de novo!

Este novo curso vimos cargados de novidades dende a biblioteca do CEIP Plurilingüe de Monterroso.

Como xa sabedes, estamos a cambiar de localización a nosa biblioteca, e como vai ser un espazo totalmente renovado pensamos que o mellor sería escoller unha nova mascota.

Por iso, no primeiro trimestre pedímoslle a todo o alumnado do colexio que nos achegara as súas propostas para despois decidir o gañador ou gañadora nun competido sufraxio. Sufraxio significa votación, non pensedes que vos ides ir de aquí sen aprender nada.

Algunhas das propostas que chegaron a finalistas foron as que podedes ver na seguinte foto.

E tras o reconto final, estamos encantados de presentarvos a nosa nova mascota, Anteollos.


Anteollos acompañaranos nas moitas actividades que levaremos a cabo na biblioteca ao longo deste e dos próximos cursos.
Xa o iredes coñecendo, é un personaxe moi particular, e ten moito carácter.
 Por certo, non sexades xente puntillosa, xa nos damos conta de que na súa bufanda pon Gafitas, foi un regalo de aniversario que lle fixeron uns primos de Ponferrada.

Un saúdo e ata a próxima!



jueves, 2 de mayo de 2024

Día do libro

 O martes 23 de abril celebramos no noso cole o DÍA DO LIBRO. Fixemos unha sesión de apadriñamento lector cos cursos de infantil e algún do primeiro ciclo de primaria.









                 

 Tamén fixemos agasallos para todos os nenos/as dun libro de préstamo e un marcapáxinas, que fixemos con moito cariño e que esperemos que os coiden ben. Aquí vos dexamos un exemplo dos agasallos:


                 






sábado, 30 de marzo de 2024

SEMANA DA PRENSA

 Na semana do 4 ao 10 de marzo celebramos a semana da prensa. Os alumn@s de primaria traballaron cos periódicos. Cada clase elexiu unha noticia e despois explicaron nunha posta en común a tod@s @s nen@s de primaria porque a elexiron.

Tamén os/as nenos/as de infantil traballaron coas noticias. Os de 6º de infantil elaboraron a súa propia noticia "Neve en Monterroso".


 Traballos realizados polos alumn@s de primaria e infantil





    Alumnos/as expoñendo os seus traballos


Tamén tivemos unha visita no noso centro, Marcos Rodríguez, o pai dun alumno de 4º EP que traballa no Progreso e que nos veu falar do seu traballo como periodista.



Moitas grazas, Marcos! Encantounos coñecer en que consiste o teu traballo.

sábado, 4 de noviembre de 2023

🎃CELEBRACIÓN DO SAMAIN 🎃

A primeira festa que celebramos este curso foi O SAMAIN👻👻. Tocoulle ao equipo de infantil adornar e organizar esta festa.
Dende o equipo da biblioteca organizamos o 1º Concurso de relatos terroríficos para @s alumn@s de primaria. Que por certo foi todo un éxito!

O luns 30 de outubro, os gañadores do concurso de cada un dos ciclos contaron aos seus compañeir@s de primaria os seus relatos de medo.


                                                                                       


Gañadora do 1º Ciclo de Primaria: Aroa Cuñarro Pena





                                      
  

Gañador do 2º Ciclo de Primaria: Mauro Fdez Pérez co conto "OS CAZAFANTASMAS"




Gañadora do 3º Ciclo: Sara García Mourelle  co relato "ANTONIÑO  "