Temos que dar as grazas a Miguel Ángel, que estivo en maio no noso colexio, por varios motivos: en primeiro lugar polos seus libros. Os nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro leron O soño de Esther, con ilustracións de Luz Beloso. Tamén temos outras obras de Miguel Ángel na nosa biblioteca, e.g. A nena á que non deixaban ser feliz. Outro motivo para darlle as grazas é a sesión de lightpainting que el desenvolveu cos nenos e nenas. Foi do máis chulo!
martes, 12 de julio de 2016
jueves, 19 de mayo de 2016
A que sabe a Lúa
En tres anos xa saben o que lles gusta. Os nosos nenos e nenas máis pequenos estiveron a traballar nun dos libros con máis éxito en educación infantil: A que sabe a Lúa?, de M. Grejniec. As profes axudáronlles con este mural:
O ano de Manuel María
Aínda que non publicamos moito, o traballo na escola non para.
Este curso está a ser o de Manuel María.
Os nenos e nenas de 6º andan a voltas con Os soños na gaiola e estes son algúns dos traballos de plástica feitos a partir da lectura dos poemas.
Este curso está a ser o de Manuel María.
Os nenos e nenas de 6º andan a voltas con Os soños na gaiola e estes son algúns dos traballos de plástica feitos a partir da lectura dos poemas.
miércoles, 20 de mayo de 2015
Máis de Don Quijote
En 1º de primaria os nenos e nenas decidiron facer o seu propio Don Quijote de la Mancha.
Fixeron un libro moi bonito, que deixaron na biblioteca para que os outros alumnos do centro poidesen gozar del.
Na clase de 4 anos A pasaron un bo anaco vendo o traballo dos seus compañeiros.
Fixeron un libro moi bonito, que deixaron na biblioteca para que os outros alumnos do centro poidesen gozar del.
Na clase de 4 anos A pasaron un bo anaco vendo o traballo dos seus compañeiros.
lunes, 11 de mayo de 2015
Estefanía Padullés
Hoxe tivemos no colexio a visita de Estefanía Padullés. Ela é a creadora de O desexo do gato Klops, editado por Hércules de Ediciones.
Este libro, fermosamente ilustrado pola mesma Estefanía, gustou moito ós nosos alumnos, especialmente en infantil. Moitas grazas á autora pola súa visita.
miércoles, 29 de abril de 2015
Muíños de vento
A aventura dos muíños de vento é unha das máis coñecidas de Don Quijote.
Foi na que se fixaron os nosos alumnos e alumnas de 2º, e fixeron este mural.
Foi na que se fixaron os nosos alumnos e alumnas de 2º, e fixeron este mural.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)