Baixo o título "Dous mundos, dúas plumas",
a biblioteca transformouse nun escenario onde o sentimento da nosa terra e a
retranca británica déronse a man.
Que pasa se xuntamos a alma de Galicia coa ironía máis divertida de “Versos para niños perversos”?
O resultado foi unha
explosión de creatividade:
- Rosalía
de Castro: A nosa voz
eterna, que nos trouxo a sensibilidade, o amor pola lingua e a forza dos
nosos versos.
- Roald
Dahl: O mestre da
travesura que, coas súas rimas adaptadas, deulle a volta aos contos
clásicos para facernos rir e reflexionar.
Os nenos e nenas do cole foron os auténticos
"actores e actrices" desta sesión de Poeflix:
Os máis cativos de Infantil emocionáronnos coa dozura dos versos rosalianos,
demostrando que a poesía non ten idade.
Os veteranos de Primaria atrevéronse a maiores cos Versos para nenos perversos
de Dahl, arrancando gargalladas coas súas versións máis "canallas" e
divertidas.

.png)
