Sabedes que temos un coello no noso cole?
O coello ROELIBROS.
E sabedes por que? vóuvolo a contar!!
Un día a directora do colexio veu polas aulas para dicirnos que coidaramos os libros da biblioteca. Os alumn@s íamos unha vez á semana por un libro, o que quixeramos, para ler na casa, na clase cando tiveramos tempo... A verdade é que nos quedamos tod@s preocupados, ata que un día descubríuse o motivo.
Sabedes que pasou?
Pois pasadas varias semanas, unha mestra que estaba na biblioteca descubriu que había un Coello (que se escapara dunha granxa cercana) e que veu a roer os nosos libros... pero non os roía, só os lía.
Por iso decidimos poñelo de mascota da biblioteca do cole e bautizalo como ROELIBROS.
Esta é a súa historia....espero que vos guste
No hay comentarios:
Publicar un comentario