viernes, 26 de noviembre de 2021

Club de lectura "Lectoulloa"

 Xa estamos de volta no novo curso escolar e traemos novas que queremos contarvos. Este curso o equipo de biblioteca solicitou un CLUB DE LECTURA  "LECTOULLOA" e concedéronolo. Van participar os/as alumnos/as de 5º e 6º B e tamén as mestras do noso equipo.

Comezaremos a nosa andaina  no mes de decembro. Estamos moi ilusionados!

Xa vos iremos contando a nosa experiencia.

                                            


               

viernes, 23 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

 O día 23 de Abril celebramos o Día do Libro

No noso cole, este ano fixemos un libro entre todos os nenos e nenas para conmemoralo. Participamos todos e todas e quedounos xenial, titulándose

          "OS CATRO GRANDES EXPLORADORES"









Tamén nos visitou en Educación Infantil unha contacontos e axudámoslle a escenificalos. 





Por último, espéravos un agasallo... UN LIBRO!


                                     FELIZ DÍA DO LIBRO!