viernes, 21 de julio de 2023

ELABORACIÓN DO CONTO DESTE CURSO

 Como cada curso escolar toda a comunidade educativa elaborou o conto de fin de curso. Este ano estivo baseado nunha bonita experiencia que fixemos no cole. Seguimos todo o proceso do nacemento duns pitiños a partires da posta de ovos. Foi xenial, semana a semana íamos observar o seu progreso e mesmo os vimos salir do ovo.
Ahí vos queda a mostra da nosa experiencia " O galiñeiro do cole". Estivo exposto durante o mes de xuño para que todos os alumnos/as poideran ver en que se converteron os seus traballos.

Felices vacacións a todos que nolas merecemos!!! Ata o curso que ven!!😆





jueves, 20 de julio de 2023

 VISITA  DE MARÍA CANOSA AO NOSO CLUB DE LECTURA

O día 15 de maio recibimos a visita da autora MARÍA CANOSA ao noso club de lectura. Durante este curso leemos dous libros dela : Rubicundo e Muriel.



                                                                  Entrevista con María Canosa



DÍA DO LIBRO

Este curso celebramos a semana do libro facendo actividades de animación á lectura e sesións de contacontos.






Sesión de contacontos dos nenos de infantil

 SEMANA DA PRENSA

Dende o cole celebramos a semana da prensa traballando as noticias dos xornais. Tamén fixemos unha exposición cos nenos de primaria de todas as noticias que traballaron na súa aula.


Cartel dos libros máis lidos e recomendados no cole




                           Exposición dos traballos realizados na Semana da Prensa