miércoles, 20 de julio de 2022

 Para rematar este curso 22/23 facemos unhas recomendacións de lectura para o verán. 




FELICES VACACIÓNS E NON VOS ESQUEZADES DE DEIXAR VOAR A IMAXINACIÓN CUN LIBRO !😉

 REMATE DO CLUB LECTOULLOA CURSO 2021/22

Estamos xa a finais de maio e rematamos as xuntanzas do club de lectura LECTOULLOA. A verdade é que foi unha experiencia bonita na que tanto os/as alumnos/as como as mestras do equipo de biblioteca disfrutamos moito. Esperamos continuar para o curso vindeiro. Contamos con tod@s vós!















Foi un pracer ler con vós durante todo o curso e comentar as aventuras dos nosos libros. 

MOITAS GRAZAS POR FORMAR  PARTE DO NOSO 1º CLUB DE LECTURA!!

martes, 26 de abril de 2022

 DÍA DO LIBRO

Esta semana celebramos o día do libro. Igual que o curso pasado convertímonos en escritores, ilustradores e actores, xa que fixemos un libro no cole. Ademaís de escribilo e ilustralo tamén fixemos unha obra teatro. O libro titulámolo "O GRAN DESCUBRIMENTO CIENTÍFICO". Participamos todos os cursos, tanto de infantil coma de primaria.



Aquí vos queda un retazo do que fixemos. O equipo de dinamización lingüística  colaborou connosco para facer esta actividade e penso que nos quedou ben chula. Esperamos que vos guste! 😉






O noso libro  O GRAN DESCUBRIMENTO CIENTÍFICO 

viernes, 11 de marzo de 2022

 Esta semana no noso cole celebramos a SEMANA DA PRENSA. Fixemos unha actividade con xornais e aquí vos queda unha mostra .Esperamos que vos guste!😀













O tablón de anuncios fíxose con novas dos xornais que son boas, xa que nestes tempos que estamos a vivir non predominan moito.