viernes, 1 de junio de 2012

XOSÉ MIRANDA

O martes 29 de maio tivémo-la sorte de recibi-la visita de Xosé Miranda, que nos contou unha morea de historias fermosas.
Durante este trimestre estivemos a ler algúns dos libros  que escribíu este autor. Algúns rapaces e rapazas de 6º atrevéronse con Amancio Amigo e o Demo da Botella, outros de 6º e máis os de 5º leron Feitizo; en 3º e 4º leron Álvaro e Álvaro (este é o que máis lle gusta á "profe" responsable da biblioteca); os de primeiro ciclo de primaria e os de infantil leron Federico na silveira e Federico e os amorodos.

Para remata-las actividades desenvolvidas ó redor dos libros os nenos e nenas fixeron debuxos dos personaxes que máis lles gustaron. Están todos expostos no recibidor do colexio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario