lunes, 18 de mayo de 2020
RICARDO CARVALHO CALERO
Hoxe compartimos as actividades que os compañeiros e compañeiras de sexto fixeron sobre Ricardo Carvalho Calero.
viernes, 15 de mayo de 2020
RICARDO CARVALHO CALERO
Se as cousas estivesen a ocorrer coma sempre, na entrada da escola estarían expostos os carteis sobre a vida e a obra do autor ó que se lle adica o Día das Letras Galegas, este ano Ricardo Carvalho Calero.
Como nos parece unha mágoa que non poidamos gozar deles, aquí vos van:

jueves, 14 de mayo de 2020
RICARDO CARVALHO CALERO
Os alumnos de 4º A fixéronnos chegar algúns traballos sobre Ricardo Carvalho Calero, e sobre As pitas baixo a choiva.
Agardo que vos gusten e vos sirvan de inspiración.

miércoles, 13 de mayo de 2020
RICARDO CARVALHO CALERO
Achégovos hoxe un vídeo que recolle algunha información sobre o autor ó que se lle adica o Día das Letras Galegas neste ano:
https://youtu.be/o-LfGDiXTOY
Un gran traballo do alumnado do CPI Plurilingüe dos Dices (Rois, A Coruña), coa dirección do profesor Luís Aldegunde.

martes, 12 de mayo de 2020
RICARDO CARVALHO CALERO
Imos ver algunhas das obras de Ricardo Carvalho Calero.
Para os nenos e nenas de infantil:
Para os nenos e nenas de infantil:
http://www.edicionsembora.es/archivos/producto_932.jpg
As pitas baixo a choiva é un relato inspirado nas vivencias do autor cando era neno. No seguinte enlace podedes atopar a adaptación do conto para os máis pequenos.
lunes, 11 de mayo de 2020
RICARDO CARVALHO CALERO
Como supoño que todos sabemos, estamos na semana das Letras Galegas. Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Ricardo Carvalho Calero. Para que saibamos un pouco máis del, a continuación vai un resumo da súa biografía:
https://colexiofingoi.com/images/19-20/carballocalero/bio-carballo.jpg
Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol no ano 1910, e a súa nai morreu cando el tiña só oito anos.
Na Universidade de Santiago de Compostela cursou estudos de Dereito, aínda que a súa preferencia era estudar Filosofía e Letras.
Xa cando estaba a cursar estudos de secundaria, comezou a escribir, sobre todo poesía e teatro. Xa nos primeiros anos comeza a publicar en revistas e xornais como Maruxa, Vida Gallega e El Correo Gallego. Publica moitos destes poemas con pseudónimo.
Licénciase en Dereito en 1931 con notas brillantes, pero non desexa exercer como avogado e oposita a unha praza de funcionario municipal en Ferrol.
En 1927 entrara xa a formar parte do Seminario de Estudos Galegos, onde compartíu traballo con Castelao, Vicente Risco, Otero Pedrayo, etc. En 1931 fórmase no Seminario un grupo de traballo para a elaboración dun Anteproxecto de Estatuto para Galiza; este grupo de traballo estaba formado por Carvalho Calero, Alexandre Bóveda, Vicente Risco, Valentín Paz Andrade e Lois Tobío. O Anteproxecto que elaboraron non saíu adiante, tiña un claro cariz federalista.
O Seminario de Estudos Galegos foi disolto en 1936 e co seu patrimonio creouse en 1944 o Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, cun enfoque menos galeguista.
En 1931 Ricardo Carvalho participou na fundación do Partido Galeguista. Comeza a estudar por libre a carreira de Filosofía e Letras e afíliase ó Sindicato de Oficios Varios, que dependía da UGT e estaba ligado ó PSOE.
Casa en 1933 e cando remata os estudos de Filosofía e Letras prepara a oposición para un posto de profesor. Os exames obrígano a ir a Madrid en 1936, polo que non pode votar no plebiscito para a aprobación do Estatuto de Autonomía, aínda que se reúne con varios dos galegos que presentaron o Estatuto nas Cortes, e.g., Castelao. O inicio da Guerra Civil cólleo pois en Madrid e alístase como miliciano nun batallón do Quinto Rexemento, organizado pola Federación de Trabajadores de la Enseñanza (FETE). Formarase logo como oficial e participará na Plana Maior do Exército Republicano en Andalucía, como axudante xurídico.
Cando os republicanos perden a guerra é xulgado e condenado a doce anos e un día de prisión. É recluído no antigo convento de Santa Úrsula en Xaén e adícase a escribir poemas, en castelán, pola prohibición de usar o galego. Sae en liberdade condicional en 1941.
Regresa a Ferrol e pasa por serias dificultades económicas. Termina catro obras de teatro: Isabel, A sombra de Orfeu, Farsa das zocas e A árbore. Segue a escribir poesía e colabora co xornal La Noche, do pseudónimo "Fernando Cadaval".
En 1950 ofrécenlle dirixir o colexio Fingoi en Lugo, pero ten antecedentes penais e por iso non pode ser director dun centro de ensino. Pero o propietario do colexio noméao Conselleiro Delegado do Padroado, cargo que vai simultanear coa docencia durante quince anos. Tamén se implicou na formación do profesorado e a creación dun centro de investigación lingüístico-literario galego. Así o Centro de Estudos Fingoi, que Carvalho Calero dirixíu, publica Contos populares da provincia de Lugo (1963), O cancioneiro de Pero Meogo (1966), etc.
En 1965 hai cambios lexislativos que lle permiten a Ricardo Carvalho Calero acceder á docencia nunha escola pública. Comeza a impartir Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela e aproba a oposición a profesor de Lingua Española e Literatura. Comeza a impartir clase no instituto Rosalía de Castro de Santiago. En 1966 publica a Gramática elemental del gallego común na editorial Galaxia e participa na redacción das Normas Ortográficas e Morfolóxicas editadas pola Real Academia Galega.
En 1972 acada a cátedra de Lingua e Literatura Galega na universidade compostelá. Nos primeiros anos da Xunta de Galicia participa na subcomisión para a elaboración de normas para a lingua administrativa. Carvalho Calero defende unha postura reintegracionista que propón unha normativa baseada no portugués. Esta postura reflíctese en obras como Problemas da Lingua Galega, Da fala e da escrita e Do galego e da Galiza.
En 1984 recibe a medalla "Castelao" en recoñecemento á súa obra literaria. Formaba parte da Real Academia Galega dende 1958.
Falece en 1990.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)