O ano adicado a Manuel María está a darnos fermosos traballos dos nosos alumnos e alumnas. Se hai uns días viamos os traballos de sexto, hoxe temos algúns traballos de quinto.
martes, 12 de julio de 2016
Miguel Ángel Alonso Diz
Temos que dar as grazas a Miguel Ángel, que estivo en maio no noso colexio, por varios motivos: en primeiro lugar polos seus libros. Os nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro leron O soño de Esther, con ilustracións de Luz Beloso. Tamén temos outras obras de Miguel Ángel na nosa biblioteca, e.g. A nena á que non deixaban ser feliz. Outro motivo para darlle as grazas é a sesión de lightpainting que el desenvolveu cos nenos e nenas. Foi do máis chulo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)