martes, 12 de julio de 2016

Manuel María

O ano adicado a Manuel María está a darnos fermosos traballos dos nosos alumnos e alumnas. Se hai uns días viamos os traballos de sexto, hoxe temos algúns traballos de quinto.


Miguel Ángel Alonso Diz

Temos que dar as grazas a Miguel Ángel, que estivo en maio no noso colexio, por varios motivos: en primeiro lugar polos seus libros. Os nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro leron O soño de Esther, con ilustracións de Luz Beloso. Tamén temos outras obras de Miguel Ángel na nosa biblioteca, e.g. A nena á que non deixaban ser feliz. Outro motivo para darlle as grazas é a sesión de lightpainting que el desenvolveu cos nenos e nenas. Foi do máis chulo!



jueves, 19 de mayo de 2016

A que sabe a Lúa

En tres anos xa saben o que lles gusta. Os nosos nenos e nenas máis pequenos estiveron a traballar nun dos libros con máis éxito en educación infantil: A que sabe a Lúa?, de M. Grejniec. As profes axudáronlles con este mural:


O ano de Manuel María

Aínda que non publicamos moito, o traballo na escola non para.
Este curso está a ser o de Manuel María.
Os nenos e nenas de 6º andan a voltas con Os soños na gaiola  e estes son algúns dos traballos de plástica feitos a partir da lectura dos poemas.