miércoles, 20 de mayo de 2015

Máis de Don Quijote

En 1º de primaria os nenos e nenas decidiron facer o seu propio Don Quijote de la Mancha.
Fixeron un libro moi bonito, que deixaron na biblioteca para que os outros alumnos do centro poidesen gozar del.
Na clase de 4 anos A pasaron un bo anaco vendo o traballo dos seus compañeiros.
 



lunes, 11 de mayo de 2015

Estefanía Padullés

Hoxe tivemos no colexio a visita de Estefanía Padullés. Ela é a creadora de O desexo do gato Klops, editado por Hércules de Ediciones.



Este libro, fermosamente ilustrado pola mesma Estefanía, gustou moito ós nosos alumnos, especialmente en infantil. Moitas grazas á autora pola súa visita.

Don Quijote outra vez

Os nenos e nenas da clase de 4 anos B fixeron o seu don Quijote. Quedoulles moi bonito.


miércoles, 29 de abril de 2015

Muíños de vento

A aventura dos muíños de vento é unha das máis coñecidas de Don Quijote.
Foi na que se fixaron os nosos alumnos e alumnas de 2º, e fixeron este mural.

Don Quijote

Como xa dixemos, este curso está a ser o de Don Quijote, Sancho Panza e o resto de personaxes creados por Cervantes.
Aproveitando o día do libro, os nenos e nenas de 5º prepararon unha pequena exposición sobre o argumento de "Don Quijote de la Mancha". Fixeron para os seus compañeiros e compañeiras un resume das aventuras máis destacadas do cabaleiro e acompañárono de debuxos, tamén feitos por eles.

Don Quijote



A aventura dos muíños



Os exércitos de ovellas


lunes, 9 de marzo de 2015

DON QUIJOTE DE LA MANCHA

Estamos no cuarto centenario da publicación da segunda parte de "Don Quijote de la Mancha".
Para celebralo, nas nosas aulas imos ler diferentes edicións desta obra.
Na biblioteca reunimos algúns exemplares de diferentes edicións infantís da obra cervantina, e expoñémolos cun mural que fixeron os alumnos e alumnas de 4 anos A. O préstamo destas obras está a ser un éxito.