viernes, 23 de diciembre de 2011

CONTACONTOS

A semana de Nadal recibimos a visita de Ignacio, que nos contou unha morea de contos. Os nenos e nenas pasaron un moi bo anaco escoitando as súas historias.

jueves, 23 de junio de 2011

A nosa mascota

E, por fin, aquí temos a ROELIBROS. Este curioso animaliño, que fai malabarismos coas letras, é a nosa mascota. Parabéns a Koldo Toubes García, de 6º A.

miércoles, 22 de junio de 2011

Premio de Terceiro Ciclo de Primaria

Aquí temos a MAX, un moucho moi ben informado e ó que lle gustan moito os contos. MAX foi a contribución de Óscar Montalbán García (6ºB) ó noso concurso de mascotas.

jueves, 16 de junio de 2011

Premio de Segundo Ciclo de Primaria

Elisa, de 3º, fíxonos unha árbore, LUPS. É unha árbore francesa,  moi afeccionada a ler libros. Todos debemos facer coma Lups e ler moitos libros, para aprender e para divertirnos.

miércoles, 15 de junio de 2011

Premio de Primeiro Ciclo de Primaria

En 2º A demos co LORO PACO, debuxo de Lucas Noguerol. O Loro Paco danos un moi bo consello para aplicar na nosa biblioteca e en calquera outra que visitedes:

LEDE E CALADE!

lunes, 13 de junio de 2011

Premio de Educación Infantil

No concurso para elixi-la mascota da biblioteca hai un premio por cada ciclo. O premiado de educación infantil foi IKER GUERRA GARCÍA, de 4 anos, que debuxou a LAPIN, un lapis moi orixinal e divertido. Felicitacións para tódolos nenos e nenas de infantil que participaron.

jueves, 9 de junio de 2011

CONCURSO DE MASCOTAS

Estivemos dándolle voltas ó tema e pensamos que a nosa biblioteca debía ter unha mascota, pero cal?
Convocamos un concurso entre os nosos alumnos e alumnas e a verdade é que nos deron moi boas ideas.
Para que vos fagades unha idea de cantas posibles mascotas tivemos poñémosvos unha foto de tódolos mascotas que recibimos.

Recén nados

Aquí estamos, acabamos de nacer.
Este é o blog do equipo de biblioteca do CEIP de Monterroso.
Non estamos moi postos nesto, pero podemos aprender coa vosa axuda.
Pretendemos ser unha fiestra aberta dende a nosa biblioteca ó mundo, para ver o mundo dende aquí e para que nos entre aire fresco.
Un saúdo e agardamos que vos guste a todos a nosa pequena aportación ó mundo dos libros e ó mundo web.